O tempo preto de Teixeira ata 10 dias

tiempo en Triacastela

martes, 28 de octubre de 2008

Curso de Gaita Galega

Hola de Novo a todos!!!!!!

Comezou en Teixeira un Curso de iniciación a Gaita Galega, organizado pola nosa asociación coa colaboración de Xose Luis Foxo.
As clases serán os domingos as 4:30 na antiga escola do pobo. Todos os que estedes interesados non tedes máis que enviarnos un correo a buracadasgrellas@gmail.com.
As clases comezaron o día 25 pero podedes incorporarvos cando queirades.

jueves, 4 de septiembre de 2008

Arranxo da fonte do pobo de Teixeira.

Aqui vos poño unhas fotiños (feitas por Oscar) da fonte do pobo de Teixeira, e que tal e como podedes ver atopase bastante estropeada. Un dos nosos obxectivos era arranxala e isto vai ser posible gracias a financiación da Consellería de Medio Rural.


martes, 2 de septiembre de 2008

Grandes Festas en Teixeira

Uf...! xa fai máis de dous meses que non poño ningunha entrada, pero aqui estou de novo para falarvos da principal actividade que organizamos este verán, As festas de Teixeira do Caurel.
A Festa patronal de Teixeira celebrase o día 6 de agosto en honra o Bon Xesús, e o día 5 é a tradicional queimada.
A celebración deste tivo o seguinte programa festeiro:
DÍA 5:
-11:00. Queimada popular amenizada polo dúo Meritxel, acompañada de pancetada e empanada.
Día 6:
-12:00. Alborada tradicional por todas as casas do pobo.
-13:30. Misa solemne e procesión.
-14:00. Sesión vermut amenizada por un grupo de gaitas.
-18:00. Xogos tradicionais, este ano tivemos concurso de baile, concurso de billarda, e diversos xogos para nenos e maiores (tiro da corda, carreiras de sacos e de ovo e culler, busqueda do tesouro...), todo isto coa participación dun grupo de gaitas.
-21:00. Festa popular amenizada pola orquestra Estrela e entrega de premios.
-23:00. Pausa para cear
-1:00. Verbena amenizada pola orquestra Estrela.

Como vedes un programa festeiro para todas as idades.
Compre dicir que saiu todo moi ben, foi un total e rotundo éxito, tanto no número de asistentes coma na participación destes nos diversos xogos e concursos. Temos que destacar sobre todo o concurso de billarda no que participaron a practica totalidade dos asistentes.
Dende esta asociación gustaríanos dar as gracias a todos os que vos achegastes a compartir este día con nosco e fixestes realidade esta festa. Tamen dar as gracias a todos os patrocinadores e ós veciños por colaborar con nosco.
En posteriores poñerei fotos e seguramente algún video desta celebración.

viernes, 27 de junio de 2008

PAISAXE RURAL E IDENTIDADE CULTURAL



Hola a todos, xa fai bastante que non escribo nada no blog, pero escribo hoxe para comentarvos a existenza dun curso en monforte, titulado "PAISAXE RURAL E IDENTIDADE CULTURAL". Ten moi boa pinta, trata temas moi diversos dende literatura, antropoloxía, xeografía, medio ambiente.... bueno a verdade é que parece moi completo.

jueves, 8 de mayo de 2008

www.buracadasgrellas.es

Xa está en marcha a nosa web. Nela podedes ver os nosos estatutos, rexistrarvos como socios, deixar comentarios, chatear, participar no foro... todo o que queirades saber sobre a nosa asociación. E todo iso con música galega!

Entra e coñecenos a fondo

lunes, 5 de mayo de 2008

TEIXEIRA


Este é o noso marabilloso pobo!!! Teixeira, a fonte de toda inspiración!

lunes, 21 de abril de 2008

Buraca das Grellas polo mundo

Fixemos unha conta en Panoramio para poñer todas as fotos das viaxes futuras que fagamos os membros da asociación, tanto por motivos de asociación como viaxes persoais. Animadevos todos e madademe as vosas fotos!!!!. Podoas poñer eu se mas mandades o mail ou se preferides mandovos a conta e o contrasinal para que vos mesmos as poidades poñer.


Máis fotos de Somiedo







Aqui deixo algunha fotiño máis da viaxe a somiedo. A primeiro é unha foto do pobo no que estibemos comendo (Valle del lago). Na segunda vese como os contedores do lixo estan camuflados na paisaxe. A terceira é unha vista do comezo da ruta que vai o lago chamado "Lago del Valle" dende o pobo de valle del lago. A cuarta foto mostra as sinais que indican os camiños que son so de uso gandeiro, e nos que so se pode transitar a pé. E na última foto aparece unha vista do pobo de valle del lago.

miércoles, 9 de abril de 2008

Fotos Somiedo








Estas son algunhas instantaneas sacadas na viaxe que fixemos a somiedo. A primeir correspondese coas vistas baixando do porto de somiedo dende o bus, na seguinte vese o alcalde do Caurel (dereita) e o de Somiedo (esquerda), xunto con outras das persoas que fixeron esta viaxe charlando sobre o parque natural. A terceira foto becerriños nunha corte no pobo de Valle del Lago e a última son as vistas dende o inicio da ruta de sendeirismo que vai a Lago del Valle.
Espero que vos gusten, proximamente irei poñendo algunhas máis.

martes, 1 de abril de 2008

Visita a Somiedo



Aquí estamos parte das asociación, os que fomos de excursión a somiedo o pasado día 29 de marzo.
Da excursión so dicir que foi todo un exito!, so con esa palabra xa se podería definir a viaxe.
Foi unha magnifica excursión moi ben organizada onde nos deu tempo a comprobar como funciona o parque natural de Somiedo, podo dicir dende o meu punto de vista que o funcionamento deste parque é exemplar pola súa boa organización e pola conservación dos usos tradicionais da zona para impulsalos e fomentar outros novos que fixen a poboación nesta zona rural.
Tratase dun parque natural que prima a gandeiria compatibilizandoa con outras actividades como son o turismos e a pequena empresa, pero sempre poñendo como prioridade a mellora no sector gandeiro.
Agradecer os organizadores pola visita, xa que esta asociación disfrutou moito vendo que é posible compatibilizar as actividades gandeiras e a conservación da natureza. Agradecer tamen ó Alcalde de Somiedo e a toda a xente que nos atendeu o tempo que pasaron con todos nos falando sobre o parque e ensinandonos algúnhas das pequenas maravillas que ten esa zona.
Seguirei poñendo fotos en posteriores comentarios.

lunes, 17 de marzo de 2008

Naturalmente Galicia




A xunta de Galicia volve sacar un programa de rutas de fin de semana para facer actividades de sendeirismo, kaiac, piragua, espeleoloxía....... por diversos lugares de Galicia.


Persoalmente é unha actividade que vos recomendo a todos.



miércoles, 5 de marzo de 2008

sábado, 1 de marzo de 2008

Viaxe a Somiedo(Asturias)-29MARZO


Hola de novo,collinlle o gustirilín de escribir no blog.Este post e só para informarmos de que o 29 terá lugar un viaxe a Somiedo dende Seoane de Caurel,para ver o modelo de Parque Natural que ali esta montado,e poder saber así ventaxas e inconvintes que a chegada de stes súporia pa nosa bisbarra.
Neste viaxe,apolitico,van dous representantes de cada grupo politico,incluido o alcalde,e todos aqueles pedaneos que o desexen,para asi poder informarlles os veciños as súas impresions,.Tamen invitaron a representantes das asociacións(incluida a nosa).
Creo que os integrantes de Teixeira temos que decir moito ,xa que é a gandeiria e ó sector primario máis afectado,e diso en Teixeira sabemos bastante.
Son os veciños de Teixeira,logo de ver perxuizos e inconvintes os que deberian elixir,e dos que or organizantes queren que vaian polo menos dous xefes de explotación,suxetandose as prazas.
Esta viaxe será interesante,todo aquel que queira asistir as charlas que proporcianara o alcalde de Somiedo e directamente os gandeiros,poderá ,eso si tera que ir pola súa conta.

Teixeira ,a os teus fillos non renegaremos de ti

Ola rapaces e rapazas,escribo por primeira no blog da asociación,porque
sinxelamente antes non se me ocurria que decir.E xa sabedes a frase:Non abras a boca a non ser que o que vaias a decir sexa máis fermoso que o silencio.Falando de falar por falar ,estamos en campaña electoral.
Pois ben,todos os socios fundadores sabemos e decidimos por unanimidade que esta sería unha asociación apolitica,sen cores nen demagoxa,de quen o fará mellor.Temos que saber que, se queremos facer algo pola terra que nos deu a vida e nos viu nacer,temos que loitalo nós,os de Teixeira;ningún politico ou forza politica nos vai decir:"Firmade aqui para recibirdes ...".
Agora ben non quero falar de politica,quero falarvos de Teixeira.Os que so imos os fins de semana,sabemos ben o que é estar fóra.A mín encántame ir e perderme en teixeira,ir andando polos seus sendeiros,montar no cabalo e bulir por entre os leiros...

Teixeira .ó igual que o caurel,e un ecosistema impresionante,un lugar de ocio e de traballo,acolledor.Por iso foi creada a nosa a sociacion:para deixarmos a teixeira e alrededores,como no lo deixaron os nosos antergos;para entreter os pensamentos cabilantes dos nosos maiores e non tam maiores,para ser NOS os que fagamos por teixeira,e organicemos actos e pidamos axudas para mellorar as vidas destas xentes e decir que hay xente nova ,unida e con gañas de traballar en Teixeira e por ela.
Estamos empezando,e quedanos un largo camiño para facermonos oir e que nos concedan axudas(Porque ideas xa temos ,e claras.).
Esta asociación,moi pronto dispora dunha web na que ofertaremos servizas e máis información a todos os que nos seguides.Ata moi pronto

miércoles, 13 de febrero de 2008



Aqui vos deixo unha dirección dunha páxina sobre o concello do Caurel que me pareceu moi interesante, ten un pouco de todo historia, costumes, natureza, aldeas e incluso algunha ruta interesante pero sobre todo gustoume a parte de bibliografía onde podedes atopar unha lista de libros bastante actualizada que falan desta serra.

http://serradocourel.es/

martes, 12 de febrero de 2008

Poza das Mulas




Unha recomendación para os que viaxedes ó Caurel.


Na estrada que comunica Folgoso do Caurel con Seoane, xusto despois de pasar o pobo de Ferreiros hay a man esquerda (indo hacia seoane) unha lousa pintada en amarelo que indica o camiño e a distancia para ir a estas pozas.


Podemos parar o coche xusto no indicador e coller un sendeiro que vai dar o rio, tratase dun camiño curto e moi levadeiro, a primeira poza a que chegamos creo que é a das mulas pero ademáis desta hay outras que se poden ver se seguides polo sendeiro bordeando o rio.


Deixo aqui unhas fotiños do lugar que parecen sacadas dun conto de fadas!!!




jueves, 31 de enero de 2008


Nesta pàxina podedes atopar,ademais de fotos espectaculares do courel,mapas,casas de turismo rural,unha guia de como chegar....

viernes, 25 de enero de 2008

JUJEL



O BUSCADOR DE GOOGLE EN GALEGO

http://www.jujel.es/







Sons


Queredes saber como soa a caida dunha castaña nos soutos do caurel?? ese e moitos outros sons nesta páxina na que podedes escoitar os sons da terra.

miércoles, 23 de enero de 2008

lunes, 21 de enero de 2008

jueves, 17 de enero de 2008

Fotos



Estas son unhas fotiños do Caurel en setembro.

Presentación do documental "Unha Lousa Sobre o Courel"

Por se non sabedes que facer este fin de semana propóñovos un acto que seguro que será moi interesante:
O sábado 19 de xaneiro as 5:00 h da tarde presentase na antiga escola de Seoane do Caurel o documental "Unha Lousa Sobre o Caurel" realizado por Nameche films (Mabel Rivera i Enrique Banet).
A presentación ante os medios de comunicación tera lugar días despois no Centro Internaciónal de Prensa de Santiago de Compostela.

Contido do documental:
Imaxes do Courel e Somiedo
Música de Emilio Cao
Poemas de Novoneyra
Tres temas de Xan de Vilar
Interviran:
Alcalde do Courel, D. José Lopez Fontal.
Alcalde de Somiedo, D. Belarmino Fernández Fervienza
Carlos Otero
Javier Guitian
Jesús Domínguez
Juan Ramón Vidal Romaní
Íñigo Pulgar
Marcos González
Xosé Manuel Beiras

miércoles, 16 de enero de 2008

Nace Buraca das Grellas

Hola,
despois dos típicos atrancos de papeleo e adminsitración pública por fin nace "Buraca das Grellas". Nesta páxina xa nos iredes coñecendo pouco a pouco, iremos poñendo as actividades nas que andamos metidos ademáis de fotos e outros comentarios que se nos vaian ocorrendo.

Agradecer neste primeiro comentario a dedicación de todos os compoñentes, e as ganas que lle puxemo todos para que isto saíra adiante, ademáis pedir colaboración de todos (concello, administración, veciños.....) para que non se quede só nun intento e poidamos facer moitas cousas para mellorar a vida da xente do pobo de Teixeira e do noso concello, que esta mál que o diga eu, pero é o mais bonito de Galicia.