O tempo preto de Teixeira ata 10 dias

tiempo en Triacastela

sábado, 1 de marzo de 2008

Teixeira ,a os teus fillos non renegaremos de ti

Ola rapaces e rapazas,escribo por primeira no blog da asociación,porque
sinxelamente antes non se me ocurria que decir.E xa sabedes a frase:Non abras a boca a non ser que o que vaias a decir sexa máis fermoso que o silencio.Falando de falar por falar ,estamos en campaña electoral.
Pois ben,todos os socios fundadores sabemos e decidimos por unanimidade que esta sería unha asociación apolitica,sen cores nen demagoxa,de quen o fará mellor.Temos que saber que, se queremos facer algo pola terra que nos deu a vida e nos viu nacer,temos que loitalo nós,os de Teixeira;ningún politico ou forza politica nos vai decir:"Firmade aqui para recibirdes ...".
Agora ben non quero falar de politica,quero falarvos de Teixeira.Os que so imos os fins de semana,sabemos ben o que é estar fóra.A mín encántame ir e perderme en teixeira,ir andando polos seus sendeiros,montar no cabalo e bulir por entre os leiros...

Teixeira .ó igual que o caurel,e un ecosistema impresionante,un lugar de ocio e de traballo,acolledor.Por iso foi creada a nosa a sociacion:para deixarmos a teixeira e alrededores,como no lo deixaron os nosos antergos;para entreter os pensamentos cabilantes dos nosos maiores e non tam maiores,para ser NOS os que fagamos por teixeira,e organicemos actos e pidamos axudas para mellorar as vidas destas xentes e decir que hay xente nova ,unida e con gañas de traballar en Teixeira e por ela.
Estamos empezando,e quedanos un largo camiño para facermonos oir e que nos concedan axudas(Porque ideas xa temos ,e claras.).
Esta asociación,moi pronto dispora dunha web na que ofertaremos servizas e máis información a todos os que nos seguides.Ata moi pronto

No hay comentarios: