Aqui vos poño unhas fotiños (feitas por Oscar) da fonte do pobo de Teixeira, e que tal e como podedes ver atopase bastante estropeada. Un dos nosos obxectivos era arranxala e isto vai ser posible gracias a financiación da Consellería de Medio Rural.
Somos un grupo de amigos que vivimos en Teixeira do Caurel, un día decidimos facer unha asociación xuvenil e o que saiu foi "Buracadas Grellas" unha asociación que desexa mellorar (na medida do posible) a vida do noso pequeno pobo, xa nos iredes coñecendo pouco a pouco a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario