Uf...! xa fai máis de dous meses que non poño ningunha entrada, pero aqui estou de novo para falarvos da principal actividade que organizamos este verán, As festas de Teixeira do Caurel.
A Festa patronal de Teixeira celebrase o día 6 de agosto en honra o Bon Xesús, e o día 5 é a tradicional queimada.
A celebración deste tivo o seguinte programa festeiro:
DÍA 5:
-11:00. Queimada popular amenizada polo dúo Meritxel, acompañada de pancetada e empanada.
Día 6:
-12:00. Alborada tradicional por todas as casas do pobo.
-13:30. Misa solemne e procesión.
-14:00. Sesión vermut amenizada por un grupo de gaitas.
-18:00. Xogos tradicionais, este ano tivemos concurso de baile, concurso de billarda, e diversos xogos para nenos e maiores (tiro da corda, carreiras de sacos e de ovo e culler, busqueda do tesouro...), todo isto coa participación dun grupo de gaitas.
-21:00. Festa popular amenizada pola orquestra Estrela e entrega de premios.
-23:00. Pausa para cear
-1:00. Verbena amenizada pola orquestra Estrela.
Como vedes un programa festeiro para todas as idades.
Compre dicir que saiu todo moi ben, foi un total e rotundo éxito, tanto no número de asistentes coma na participación destes nos diversos xogos e concursos. Temos que destacar sobre todo o concurso de billarda no que participaron a practica totalidade dos asistentes.
Dende esta asociación gustaríanos dar as gracias a todos os que vos achegastes a compartir este día con nosco e fixestes realidade esta festa. Tamen dar as gracias a todos os patrocinadores e ós veciños por colaborar con nosco.
En posteriores poñerei fotos e seguramente algún video desta celebración.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario