O tempo preto de Teixeira ata 10 dias

tiempo en Triacastela

martes, 1 de abril de 2008

Visita a Somiedo



Aquí estamos parte das asociación, os que fomos de excursión a somiedo o pasado día 29 de marzo.
Da excursión so dicir que foi todo un exito!, so con esa palabra xa se podería definir a viaxe.
Foi unha magnifica excursión moi ben organizada onde nos deu tempo a comprobar como funciona o parque natural de Somiedo, podo dicir dende o meu punto de vista que o funcionamento deste parque é exemplar pola súa boa organización e pola conservación dos usos tradicionais da zona para impulsalos e fomentar outros novos que fixen a poboación nesta zona rural.
Tratase dun parque natural que prima a gandeiria compatibilizandoa con outras actividades como son o turismos e a pequena empresa, pero sempre poñendo como prioridade a mellora no sector gandeiro.
Agradecer os organizadores pola visita, xa que esta asociación disfrutou moito vendo que é posible compatibilizar as actividades gandeiras e a conservación da natureza. Agradecer tamen ó Alcalde de Somiedo e a toda a xente que nos atendeu o tempo que pasaron con todos nos falando sobre o parque e ensinandonos algúnhas das pequenas maravillas que ten esa zona.
Seguirei poñendo fotos en posteriores comentarios.

No hay comentarios: