O tempo preto de Teixeira ata 10 dias

tiempo en Triacastela

domingo, 26 de septiembre de 2010

Curso de Cesteria 18-19 setembro


A Asociación Xuvenil Buracada das Grellas , ben de organizar un curso gratuito de inicio á Cesteiria tradiccional galega, en Teixeira do Caurel, os dias 18 e 19 . No evento participaron unhas 20 persoas, nas que se encontraban veciños de Teixeira, doutras Aldeas do Caurel , así como doutras comarcas galegas.
Contouse coa axuda de dúas profesoras e coa Colaboración do Centro de Artesania e Deseño de Lugo .
Estas xornadas contaron cun gran interese por parte dos asistentes e todos coincidiamos na necesidade de máis eventos para mellorar as poucas actividades en toda a zona da montaña dende sempre.
Dende a Asociación vein moi necesaria a realización de actividades no rural , e queren agradecerlle a Diputación de Lugo a súa colaboración , asi como instar a esta e as demáis administracións a traballar máis e contar coa nosa axuda na mellora do rural , mellorando asi a calidade de vida dos seus moradores.

Desta noticia fixose eco A voz de Galicia , podedes ver a noticia dende o seguinte enlace:


http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/09/22/0003_8739790.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

jueves, 23 de septiembre de 2010

Noticia collida de: http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2934.php

Co nome !!Outro Xeito de festa!! ,titula este xornal este artigo:

Teixeira, no Caurel. Seis, agosto, 2008. Festa do ”Bo Xesús”. Patrón.avogoso contra o trono nunha aldea de 15 veciños que comparten vida/traballos ao redor dunha capela rehabilitada. Foron ramistas rapazas e rapaces unidos nunha asociación. Case todos viven e traballan fóra. Á hora de organizar as festas deste ano tiveron en conta o parecer/gusto dos pais, avós, e nenos. Algo do que se esquecen os ramistas das parroquias que se cren máis ricas.

Comezaron o ante día cunha queimada amenizada por un dúo musical na que participaron todas as persoas da aldea. Para o día grande convidaron ao grupo Buxaina (Terras de Ulloa). Un animado conxunto de gaiteiros e cantareiros/as que se prestaron a visitar todas as casas (agás as de loito) tocando a alborada e avisando da misa na que tamén participaron. De seguido, vermú orixinal no centro da aldea con cancións e bailes coa participaron de todos e todas... Ao vello xeito, os músicos foron convidados a compartir comida nas casas dos veciños. Polo serán, houbo unha animada sesión de xogos para nenos (carreiras de sacos) e maiores (a billarda) e concurso de bailes (xotas, muiñeiras e pasodobres) cunha sorprendente participación dos veciños e festeiros. Pola noite, tamén actuou un sinxela orquestra.