Fixemos unha conta en Panoramio para poñer todas as fotos das viaxes futuras que fagamos os membros da asociación, tanto por motivos de asociación como viaxes persoais. Animadevos todos e madademe as vosas fotos!!!!. Podoas poñer eu se mas mandades o mail ou se preferides mandovos a conta e o contrasinal para que vos mesmos as poidades poñer.
lunes, 21 de abril de 2008
Máis fotos de Somiedo
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Aqui deixo algunha fotiño máis da viaxe a somiedo. A primeiro é unha foto do pobo no que estibemos comendo (Valle del lago). Na segunda vese como os contedores do lixo estan camuflados na paisaxe. A terceira é unha vista do comezo da ruta que vai o lago chamado "Lago del Valle" dende o pobo de valle del lago. A cuarta foto mostra as sinais que indican os camiños que son so de uso gandeiro, e nos que so se pode transitar a pé. E na última foto aparece unha vista do pobo de valle del lago.
miércoles, 9 de abril de 2008
Fotos Somiedo
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Estas son algunhas instantaneas sacadas na viaxe que fixemos a somiedo. A primeir correspondese coas vistas baixando do porto de somiedo dende o bus, na seguinte vese o alcalde do Caurel (dereita) e o de Somiedo (esquerda), xunto con outras das persoas que fixeron esta viaxe charlando sobre o parque natural. A terceira foto becerriños nunha corte no pobo de Valle del Lago e a última son as vistas dende o inicio da ruta de sendeirismo que vai a Lago del Valle.
Espero que vos gusten, proximamente irei poñendo algunhas máis.
martes, 1 de abril de 2008
Visita a Somiedo

Aquí estamos parte das asociación, os que fomos de excursión a somiedo o pasado día 29 de marzo.
Da excursión so dicir que foi todo un exito!, so con esa palabra xa se podería definir a viaxe.
Foi unha magnifica excursión moi ben organizada onde nos deu tempo a comprobar como funciona o parque natural de Somiedo, podo dicir dende o meu punto de vista que o funcionamento deste parque é exemplar pola súa boa organización e pola conservación dos usos tradicionais da zona para impulsalos e fomentar outros novos que fixen a poboación nesta zona rural.
Tratase dun parque natural que prima a gandeiria compatibilizandoa con outras actividades como son o turismos e a pequena empresa, pero sempre poñendo como prioridade a mellora no sector gandeiro.
Agradecer os organizadores pola visita, xa que esta asociación disfrutou moito vendo que é posible compatibilizar as actividades gandeiras e a conservación da natureza. Agradecer tamen ó Alcalde de Somiedo e a toda a xente que nos atendeu o tempo que pasaron con todos nos falando sobre o parque e ensinandonos algúnhas das pequenas maravillas que ten esa zona.
Seguirei poñendo fotos en posteriores comentarios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)