O tempo preto de Teixeira ata 10 dias

tiempo en Triacastela

miércoles, 13 de febrero de 2008



Aqui vos deixo unha dirección dunha páxina sobre o concello do Caurel que me pareceu moi interesante, ten un pouco de todo historia, costumes, natureza, aldeas e incluso algunha ruta interesante pero sobre todo gustoume a parte de bibliografía onde podedes atopar unha lista de libros bastante actualizada que falan desta serra.

http://serradocourel.es/

martes, 12 de febrero de 2008

Poza das Mulas




Unha recomendación para os que viaxedes ó Caurel.


Na estrada que comunica Folgoso do Caurel con Seoane, xusto despois de pasar o pobo de Ferreiros hay a man esquerda (indo hacia seoane) unha lousa pintada en amarelo que indica o camiño e a distancia para ir a estas pozas.


Podemos parar o coche xusto no indicador e coller un sendeiro que vai dar o rio, tratase dun camiño curto e moi levadeiro, a primeira poza a que chegamos creo que é a das mulas pero ademáis desta hay outras que se poden ver se seguides polo sendeiro bordeando o rio.


Deixo aqui unhas fotiños do lugar que parecen sacadas dun conto de fadas!!!